miércoles. 06.12.2023
Audio

A estrea de «O Xogo de Versalles» enche o TLO

A piques da estrea, xusto antes de comezar a función, o actor e director teatral Manolo Caramés amosábase visiblemente nervioso. A responsabilidade de ter o Teatro Lauro Olmo do Barco a rebosar de xente, entre os que se atopan a familia e os amigos, pesa sobre as tablas da experiencia gañada sobre o escenario tantas veces. Pero é que hoxe sentía ademáis, a responsabilidade da dirección de obra, compartida con Tito Asorey, e cun listón posto polas nubes na representación anterior, Fuga, ca que o grupo teatral acadou tantísimos éxitos.

Así e todo, Caramés víase encantado «co cariño que amosan sempre os veciños da comarca» que decidiron facer frente a chuvia e disfrutar da interpretación dos membros de Gargallada Teatro. Vestidos de época para a interpretación de O Xogo de Versalles, salían a escena Reyes Limia, Lalo Santos, Aurora Fernández e Manuel González, arrancando as risas do público asistente a función.

Para aqueles que non puideron asistir a esta primeira estrea, outra oportunidade chegará o vindeiro venres día 15 de xuño, cando volvan a repetir interpretación e seguramente de novo, cheo completo. Tal e como propón Caramés, «trátase dunha alternativa cultural para todo aquel que non puido asistir á primeira y para aqueles que non lles gusta o fútbol», por coincidir co primeiro partido de España no Mundial de Fútbol de Rusia. Ao remate da segunda estrea, «iremos á Praza Maior a unirnos á festa do Casco Vello».

Os que queiran asistir á segunda función, demáis da venda anticipada en Ton y Son, as entradas estarán a disposición do público no teatro barquense unha hora antes de cada función.

 

A estrea de «O Xogo de Versalles» enche o TLO