Victor Riobó e Esther Navarrete gañadores absolutos no Campionato de Galicia de Campo a través para veteráns, celebrado o domingo 15 de xaneiro, no Aguillón de A Rúa. Tamén se celebrou no mesmo circuito o Campionato Provincial Escolar XOGADE e o II Cross da Rúa integrante do Circuito Galego de especialidade.Un circuito e un percorrido que gustou, e moito, aos mais de 300 inscritos pertencentes a 34 clubes.
[df-caption title="Chegada dunha das categorias do Campionato scolar" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_cros_2017_01_15-7.jpg"]
A xornada comezaba as 10:45 cas carreiras dos mais pequenos que se fixeron en varias saídas dependendo das categorías. Logo o turno foi para os veteráns que fixeron tres saídas.
Victor Riobó foi o gañador absoluto da proba aínda que, como el ben dixo Hassan, segundo en entrar a meta, non llo puxo nada fácil. Riobó enfrontaba o reto con moita incertidume xa que levaba tres semanas sin adestrar. Pero sin dúbida o que mais ilusión lle fixo, a parte de gañar a proba, foi a presentación do seu propio equipo federado que, “ten una filosofía moi especial”.
[df-caption title="Victor Riobó y Hassan Lekhili nun dos momentos da proba" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_cros_2017_01_15-73.jpg"]
Hassan Lekhili segundo clasificado correu a súa primeira carreira co novo equipo,o ADAS Barco, e pese a non estar preparado o cen por cen, coma el mesmo recoñecía fixo una gran actuación, quedando primeiro na súa categoría e subcampión absoluto.
[df-caption title="Esther Navarrete a súa chegada a meta" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_cros_2017_01_15-45.jpg"]
Ester Naverrete foi a primeira muller en chegar a meta e suliñaba que, “a carreira foi moi boa , tantentei desde os primeiros metros. Saín coas miñas compañeiras para ir xuntas e puntuar mellor, pero a medida que impuxen o ritmo foron quedando. Rocío Alviete segunda clasificada veu todo o rato detrás e tiven que darle un pouco mais forte”.
[df-caption title="Tinín González animando ós corredores do ADAS" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_campeonatogallego_tiningonzález_2017-01-15-3.jpg"]
Tinín Gónzalez señalou que pese as baixas e enfermidades dos corredores do Adas comentou atoparse moi satisfeito xa que os corredores do Adas consiguiron podio en case que todas as categorías. Lamentou la ausencia de Ana García que, se lesionou no campionato de Oviedo onde facía mínima para o campionato de España. O equipo femenino quedou campión galego, a pesar de ser veteranas. Destacou que lle gustaría que o circuito estivese un poco mais húmedo para que se vira a “salsa do Cros, pero a verdade é que se correuo moito e ben, e o día non pudo estar mellor”.
[df-caption title="Equipo feminino do A.D.A.S." url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_cros_2017_01_15-35.jpg"]
As clasificacións poderanse atopar en http://www.carreirasgalegas.com/ ou http://www.atletismogalego.com/fga/cal.asp.
[df-caption title="Equipo masculino do A.D.A.S." url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/01/somoscomarca_arua_atletismo_cros_2017_01_15-52.jpg"]