A misa celebrada ó aire libre, no campo de San Roque, abriu a derradeira xornada das festas da Rúa Vella, . Os devotos o santo o remate da misa campestre pasaron as frores pola roupa para levalas para casa tocadas polo santo. A orquestra Atenas ofreceu unha sesión vermú e pola tarde, na Praza de César Conti, houbo xogos acuáticos para os nenos, pola noite, fin de desta coa orquestra Atenas.
Atrás quedaron cinco días de festa que comezaban o xoves ca representación na praza de Cesar Conti de, Os amores de Don Saturnino, representada pola agrupación teatral A Ruada, O Venres houbo concerto de Tornaxeira e a Disco Stuu, O sábado campionatos de tute por parellas e a trixésimo sesta edición da Volta Ecolóxica, que puxo a cor e a diversión a festa. Xa á tarde noite do sábado, Fania Blanco Show puxo o son, incluso baixaron o campo da festa e tocaron as trompetas e cantaron moi próximos a xente. Na xornada do domingo Cinema deuno todo e quedouse co público, que cantou e bailou o son dos músicos. E coma na Rúa Vella non se concibe a xornada do domingo sen Banda, a de Xinzo de Limia foi a que deu o concerto.
Estas foron as festas que puideron desfrutar veciños e visitantes na Rúa Vella e para remate, a tradicional chocolatada non faltou o acabar o derradeiro día a verbena, sen ela non hai despedida de festa.