A Milla Urbana Nocturna da Rúa gana en número de participantes e en vistosidade.
Por primeira vez celebrábase, no casco urbano da vila, e a aceptación por parte do público, como da dos deportistas fíxose notar, incrementándose notoriamente a participación duns e dos outros. Se cabe, onde máis se apreciou foi na concorrencia de rapaciños.
Superaron a centena, os atletas que se inscribiron nesta nova edición que tiña un carácter solidario, xa que ca inscrición pedíase facer un donativo en forma de agasallo (pienso, xoguete, diñeiro), para a asociación Peludines Valdeorras, a protectora que hai na comarca e que, xestiona o atopar un fogar para os cans e demais animais que non teñen amo ou que son deixados.
Os gañadores absolutos foron Hugo Sánchez e Maribel García, ambos do club ADAS do Barco. Na categoría Chupetíns, gañou Oier Arias, en prebenxamín o que subiu o máis alto do podio foi Iria Rodríguez, Silvia Moreira fixo o propio en Benxamín, Miguel López foi o primeiro alevín en chegar a meta, igual que Sergio Martínez en infantil. O cadete Xoan Carlos Sánchez, o xuvenil Jorge Gómez y o junior Miguel Castro tamén acadaron o primeiro posto. Jesús Fernández, Fernando Alberto Ojea, Almudena Cordón, Ignacio Porto, Margarita Urbano e José Luis Rey foron os gañadores nas súas respectivas vategorías de veterano.
A organización correou a cargo do club Atletismo Rúa e a concellería de deportes.