jueves. 28.03.2024
Actualidad

Os cativos de Rubiá realizaron un obradoiro de chapas a prol da igualdade

Non é o primeiro obradoiro de este estilo que se leva a cabo na vila, fai uns días rematou un adicado a pintura mural

Os cativos do Concello de Rubiá realizaron recentemente un taller de chapas a prol da igualdade de xénero, estas actividades estiveron organizadas dende o consistorio ca concellería de Servizos Sociais.

As actividades tiveron unha duración de 2 horas, na primeira os monitores déronlle unha explicación aos pequenos sobre os términos de igualdade, a importancia de vivir, crecer en igualdade e o respeto.

Na segunda levaron a cabo a realización de chapas, a temática para a creación das mesmas foi variada, por un lado a igualdade, e por outro, os nenos e nenas deron renda solta a súa imaxinación.

Esta non é a primeira actividade a favor da paridade de xénero que se fai na localidade, fai unha semana rematou un obradoiro de pintura impartido pola estudante de Belas Artes Eva Piay, onde os cativos pintaron varios murais no entorno e no interior da Casa da Cultura de Rubiá.

Os cativos de Rubiá realizaron un obradoiro de chapas a prol da igualdade