jueves. 28.09.2023
Actualidad

A Mostra do Aceite de Quiroga moito máis cunha festa gastronómica

Catas comentadas de aceite, mostra do funcionamento dun muiño ancestral, flocklore popular, venta de aceites e tamén, pulpo e churrasco para xantar

A localidade de Bendilló no concello lucense de Quiroga acolleu a décimo novena Mostra do aceite de Quiroga hoxe domingo, 12 de maio. O sol e o calor deixouse sentir no entorno da capela do San Xoan das Farrapas, onde se celebrou a festa do aceite.



As actividades comezaron

as 11:30 horas coa posta en marcha do muiño de aceite de Bendilló restaurado

por Guillermo Nogueira. Moéronse as aceitunas de xeito tradicional. O burro

(Nicolás) daba voltas a pía de moer para que as olivas se convertesen nunha

pasta. Logo a pasta que saíu de machicar as aceitunas levouse o lagar, onde se

depositou en capazos de esparto colocados uns por riba dos outros sendo

prensados ca prensa ou mazo.

Sobre os capazos bótouse auga quente que fixo que se separe a pasta na decantadora —por un lado quedou o aceite, por outro a auga e no fondo  o poso. O aceite flota sobre a auga e para sepáralo abriron unha billa que ten o recipiente no fondo por onde saíu a  auga e quedou só o aceite.



Na capela do san Xoan das Farrapas e o presidente da Asociación de Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (Amiaquigal), José Espinosa Sánchez realizou unha cata comentada dos  aceites que os colleiteiros presentaron este ano á Mostra, seis en total.

Logo música cos do Recanto e baile tradicional co grupo de danza San Martiño. E mentres se ía indo para as carpas onde xantar o pulpo á feira ou o churrasco, tocou catar e mercar aceites. Nas casetas tamén había licores, xoguetes, pan e incluso obxectos feitos con madeira de oliveira.

Julio Álvarez, alcalde de Quiroga catando o pulpo á feira

Esta mostra é un

bo xeito de promocionar e dinamizar a comarca así como amosar uns produtos

autóctonos únicos como son o aceite e os viños.

A Mostra do Aceite de Quiroga moito máis cunha festa gastronómica