lunes. 18.05.2026

VÍDEO

Menudo trebón caiu en Fontei, Vilela, A Estación...!

En cuestión de minutos, o ceo pechouse e unha nube escura e ameazante descargou con forza sobre a ladeira de Vilela e de Fontei, na Rúa.

A chuvia caeu con intensidade, convertendo a rúa principal de Vilela nunha auténtica corrente que baixaba sen control, pero tamén en Fontei, onde se anegaron baixos e hortas, na Rúa a estación de autobuses  e un auténtico lodazal.

A auga, ademais, presentaba unha cor escura, arrastrando terra e carbón procedentes dos montes da contorna, gravemente afectados polos incendios do pasado mes de agosto. A falta de vexetación, que actúa como barreira natural, fixo que a chuvia torrencial descendese con máis forza, levando todo ao seu paso.

A rúa Coballo, a Telesforo Ojea, a de Padre Feijoo, a da Estación, a Arnaveca e todas aquelas que teñen  como cauce natural un arroio encheronse de auga e lama,

A tromba sorprendeu aos veciños, que viron como en poucos minutos a rúa se transformaba nun río improvisado, dificultando o tránsito e evidenciando as consecuencias que deixan os lumes no territorio meses despois.

Aínda que non se rexistraron danos persoais, o episodio volve poñer sobre a mesa a vulnerabilidade destas zonas tras os incendios forestais e a importancia da recuperación ambiental para evitar este tipo de situacións.

Vídeos cedidos polos veciños de Vilela

Menudo trebón caiu en Fontei, Vilela, A Estación...!