Natural de Rozavales —Manzaneda—, José Luis toca no fulión desde que era neno e esa paixón trasmitiulla aos seus fillos e netos que forman parte activa do entroido de Manzaneda.
Non comezou por tradición familiar, fixo por veciños e amigos. «Os meus pais si que nunca os vin moito no tema do fulión, ían velo, pero que eu recorde nunca os vin tocar», rememora.
Trasmitiulle a súa paixón a fillos e fillas e estes a todos os seus netos, incluso na súa casa ten gravada na pedra da fachada un bombo e unha mázcara.