Evento
Teatro: ""Las Preciosas Ridículas"
Este venres 21 de novembro, ás 21,00 horas, o Teatro Lauro Olmo acolle un clásico: "Las Preciosas Ridículas" de Molière, nunha adaptación da compañía “Arroz con Costra Producciones”.
A obra, para maoires de 14 anos, obtivo o segundo premio ao mellor espectáculo no Festival de Teatro Clásico e Experimental CASICOFF de Madrid en 2024. Trátase dunha obra incluida na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Conta a historia de Magdelón e Cathos, dúas mozas provincianas que chegan á gran cidade (París) coa esperanza de atopar o amor... e obsesiónanse coa moda, o glamour, as aparencias, a validación e o estatus social. A súa busca de romances sofisticados lévaas directamente ao ridículo, pese aos esforzos do seu tío Gorgibus para atoparlles maridos axeitados, demostrando que a vanidade humana non cambiou en catro séculos.
