viernes. 08.05.2026

Evento

Mes das nosas Letras. Quiroga

10/5/26 a 30/5/26
Quiroga
cartel_letrasquiroga

Programa de actividades organizadas polo Concello de Quiroga con motivo da celebración das Letras Galegas baixo o titulo "Mes das nosas Letras":

-Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2026 - Prazo de presentación dos traballos ata o día 11 

10 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal

"Begoña Caamaño: O trasgredir das ondas", con texto de Paula Carballeira

16 de maio, ás 20.00 h, na Casa da Cultura

Concerto de música vocal coas actuacións do Grupo Vocal Entrelas, a Coral Cantar Delas e a Coral Polifónica de Quiroga

22 de maio, ás 20.00 h, na Casa da Cultura

Presentación do libro: "A aira dos ventos" do escritor Jesús Alfonso Parada Jato

24 de maio, ás 20.00 h, no Auditorio Municipal

Concerto de música tradicional co grupo de folk Lenda Ártraba. Grupo galego formado en Ferrol en 2013, que fusiona música tradicional con composicións propias, poemas musicados e ritmos como xotas, muiñeiras e maneos.

30 de maio, ás 19.00 h, na Casa da Cultura

Presentación da revista "Lobos te coman". A escritora local , Celia Díaz, presenta unha revista de pasatempos, con fotografías de Ramón Vila, para percorrer o Concello de Quiroga.