Evento
Concerto da oboísta Iria Folgado
14/11/25
a
14/11/25
21:00
Teatro Lauro Olmo (O Barco)
12 de noviembre de 2025, 10:14
O venres 14 de novembro, ás 21.00 h, a oboísta galega que triunfa como solista na Konzerthausorchester Berlin estará no Teatro Lauro Olmo para presentar o seu proxecto máis persoal: "Ecos de Breogán".
Xunto a un cuarteto de corda, o oboe convértese no fío condutor dunha experiencia musical que fusiona a tradición celta co vibrante repertorio de cámara británico.
