martes. 16.04.2024

A alcaldesa da localidade anima aos foráneos a vivir ao rural debido as ventaxas que conleva

O Concello de Vilariño de Conso está rehabilitando unha serie de edificacións -que normalmente son antigas casas escola- para destinalas ao alugueiro. Máis concretamente acaban de sacar a antiga casa consistorial que está situada no mesmo pobo de Vilariño.

«Se alguén quere vir a vivir aquí, que sepan que estamos rehabilitando varias casas e as poñemos a disposición, cunha bolsa e certos criterios que hai que cumprir» destacou Melisa Macía, alcaldesa da localidade, quen asegurou que non cambiaría a vida do rural coa da cidade, xa que co paso dos anos fóronse suplindo as deficiencias que había no campo a pesar de que os esforzos son maiores para poder equipararse cos grandes núcleos urbáns: «É o dobre de costoso pero tamén se valora o dobre».

Interior de la vivienda reformada en Vilariño

No pobo de San Cristovo, estanse levando a cabo as obras de renovación do saneamento e do pavimento das rúas, ademáis en todo o concello levan a cabo diversas tarefas de roza para evitar lumes forestais como os que azotan dende fai 15 días a localidade veciña de Viana do Bolo.

Unha das rúas de San Cristovo xa pavimentadas

Talleres contra a violencia de xénero

Dende o concello tamén están realizando diversos talleres de igualdade. Son todos os venres na Praia Fluvial e posteriormente fan un debate, aproveitando ademáis a chegada de rapaces a localidade dende outros puntos da xeografía tanto nacional como europea, pero que teñen as súas raíces en Vilariño: «Colaboran, dan a súa opinión, inducen aos máis pequenos ao debate e hai un ambiente moi bo, sácanse moitas cousas en positivo» subliñou Macía.

Tamén fixeron unha colaboración co campo de traballo da Xunta de Galicia facendo unha fornada de pan e empanada nun dos fornos de leña comunitarios, para, posteriormente realizar unha comida no Encoro do Cenza, onde se deu valor ao traballo en igualdade entre rapaces e rapazas, nunha parte que sempre foi asociada cas mulleres: «Serve para mostrarlle as tradicións de antes e para ver que o home pode traballar e axudar. Aquí somos todos iguales» afirmou Macía.

Se queres escoitar todo o que dixo Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, podes facelo na seguinte ligazón:

Vilariño de Conso rehabilita vivendas para sacalas en alugueiro