martes. 16.04.2024

O Concello de Vilariño de Conso regresa pouco a pouco a normalidade, aínda que con prudencia para que non se produzcan casos de COVID-19

Vilariño de Conso viuse afectado ao comezo da pandemia provocada polo Coronavirus xa que 2 dos seus veciños contaxiáronse da enfermidade, agora con ambos curados e sen novos positivos, a localidade vai recuperando pouco a pouco a normalidade.

Un deses plans para recuperar a vida, pasa polo sector económico, e por elo retomaron todas as obras. No pobo de San Cristovo estanse facendo obras de pavimentación e novos desaugadoiros, así mesmo camiños e pistas de terra. Tamén realízanse en todos os núcleos obras de mantemento e limpeza dos parques e xardíns para a época estival.

Outra das ideas e preparar un plan económico de subvencións para activar a economía, xa que os veciños se viron afectados e débese incentivar ao sectores canto antes, destacou Macía. Un deses é o hosteleiro que aínda non abriu na localidade. «Nestes concellos que estamos libres do COVID-19 pedimos que nos deixen traballar con liberdade, que se activen canto antes os sectores, as obras dependen da restauración. Xa pagamos a todos os provedores porque temos un prazo de tempo moi pequeno».

Dende a alcaldía recalcan que abriron o horario do concello turnando aos empregados «Estase reanudando a administración e xa comezamos a traballar seriamente. Estamos tranquilos respeto a pandemia xa que non temos casos no Concello e a xente estase portando ben».

Este domingo 17 de maio será o Día das Letras Galegas, pero será diferente, neste 2020 o Mago Teto, será o encargado de divertir aos veciños de Vilariño a través da canle de Youtube do concello cun directo ás 17 horas e outro ás 22. «É para todos os públicos, sempre se adapta ao público que temos, involucra a todos os veciños ademáis é unha cousa que nos gusta moito».

Se queres escoitar todo o que dixo a alcaldesa Melisa Macía podes facelo na seguinte ligazón:

Vilariño de Conso prepara un plan para a reactivación económica