viernes. 29.03.2024

Melisa Macía subliñou o papel dos máis pequenos a hora de conservar a natureza que rodea a Vilariño de Conso

O pasado mes de setembro unha vaga de lumes asolou os montes pertencentes ao Concello de Vilariño de Conso, 2 meses despois os voluntarios, membros do plantel municipal e os traballadores do Obradoiro de Emprego Terra da Castaña comezaron a repoboar as partes da natureza arrasadas polas lapas.

Melisa Macía, alcaldesa da localidade, agradeceu a labor de todos os asistentes as diferentes tarefas que se fixeron polas máis de 200 hectáreas seleccionadas ,para, entre outras cousas, evitar corrementos de terra. «A xente involucrouse, vai a ser moi positivo para que quede na nosa mente e axudará ao monte a que se recupere» subliñou a alcaldesa.

Así mesmo, a rexedora subliña o papel educativo tanto para maiores coma pequenos, que teñen este tipo de iniciativas, subliñando o papel destes últimos «eu creo que dende pequenos débenos ensinar, se queremos a natureza, o monte e o concello a larga trasládase en feitos. Se ven que por desgraza esto de que arda o monte e habitual algo facemos mal» destacou Macía.

Os traballos consistiron en coller centeo do país e ca man extendelo polo monte, e nos próximos días a Xunta de Galicia botará o alcolchado de palla a través de medios aéreos, por diferentes lugares que tamén se viron afectados polos lumes. Melisa Macía, confirmou que próximamente vaise a proceder a reforestación de castiñeiros.

Se desexa escoitar todo o que salientou Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, pode facelo na seguinte ligazón:

Educar para conservar a natureza