viernes. 29.03.2024

A poboación do Concello de Vilariño de Conso xa poderá abastecer a todos os veciño, incluso no verán.

En Mormentelos, pobo pertencente ao concello de Vilariño de Conso, vense de construír un depósito de auga de 50.000 litros, xa que o anterior, de 30.000 litros, non era suficiente para abastecer aos veciños na época de verán.



«Non chegaba a auga no verán. A petición dos veciños, construíuse un novo depósito máis grande, conectado co anterior», informaba Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño a este medio. Este novo depósito de maior capacidade está conectado ó vello cun retorno, de xeito que, cando a auga do pequeno se esgota, a do recentemente construído pasa ó vello. Así, os veciños, non quedan sen auga no verán. Esta época do ano é a máis conflitiva xa que, segundo a alcaldesa, ademais de haber menos auga a poboación multiplícase por duas. Mormentelos ten ao largo do ano ao redor de 65 veciños e na época estival poden chegar a vivir até 150 habitantes no pobo



Unha obra importante, sen dúbida, para este pobo que se atopa ó noreste da capitalidade do concello, Vilariño de Conso. Está situado a 1075 metros de altitude. As festas patronais celébranse en xullo. Este mes xunto co de agosto, momento que aproveitan os veciños que xa non viven no pobo para volver, son os de máxima afluencia de xente.

Fotos cedida

Construcción dun novo deposito de auga en Mormentelos (Vilariño de Conso)