Vilamartín e Córgomo visten as súas rúas e casas de Nadal
Non sei se terá algo que ver que o Concello de Vilamartin convocase por primeira vez un concurso de decoración de nadal, máis o certo é que as rúas e casas da capitalidade do concello así como as da aldea de Córgomo están ben «chulas».
O Obxectivo do concurso non é outro que fomentar a participación da poboación no embelecemento dos núcleos urbanos e o certo co están conseguindo.
No concurso poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que vivan en Vilamartín e tamén poden apuntarse asociacións. Os premios 300 euros para os veciños e 500 para a asociación gañadora.
Con ou sen concurso o cero é que as aldeas e o núcleo urbano están cheiños de lux e decoración do nadal. Así en Vilamartín unha gran árbore cunha gran estrela está acarón da N-120. Unha ponte de luz está na praza de José Luis Núñez e os arcos iluminados de motivos navideños inundan as rúas.