viernes. 29.03.2024
portada

No 2018 tócalle o turno ao pobo de Portela. A súa rúa principal será a seguinte en ser arranxada polo Concello de Vilamartín gracias a subvención dos Planes Provinciales concedida anualmente pola Deputación Ourensá. Así o explica o seu alcalde, Enrique A. Barreiro, que adianta que as obras se prolongarán “dende a Casa de Camba ata a Plaza de Santa Ana, o núcleo máis antigo de Portela”. Concretamente, comprenderá “o levantamento do subsuelo para instalar de novo todas as canalizacións, incluida a de auga e de fecales, así como a do rego”. Unha vez rematadas todas as acometidas, botarase o aglomerado na estrada e “colocaranse unhas pequenas aceras de adoquin onde o permita a anchura da rúa”, detalla.

Desta maneira, ven a seguir o Concello a liña marcada polo equipo de goberno actual, de mellorar a rúa principal dos pobos máis importantes “ata conseguir facelo en todos”. O pobo de Arcos vía a súa Rúa Real arranxada no primeiro lugar, e tras ela, a estrada que une Córgomo con Portela tamén se vía beneficiado por estas axudas. Tralo arranxo da rúa de Portela, o Concello continuará nos vindeiros anos con outros pobos, “primeiro o faremos nos máis grandes e despóis seguiremos con outros máis pequenos”.

Asegura Barreiro que para sacar adiante as obras no municipio teñen que “estar facendo constantemente, encaixe de bolillos”. Refírese o primeiro edil á herencia dunha débeda de preto do 1.500.000 euros cando fixéronse cos mandos do Concello. Tendo en conta que este pobo conta cun presuposto anual de case a mesma cuantía ca débeda, naqueles primeiros anos “non se puido facer outra cousa que porse ao día e pagar o que debiamos”, explica.

Hoxe, coas contas saneadas, “pagando as facturas prácticamente ao día”, e un remanente de case 700.000 euros, o Concello pode incluso disfrutar dunha autosuficiencia nas pequenas acometidas do día a día. “Xa tiñamos unha mixta da outra vez, no 2017 mercamos unha mini retro e un brazo desbrozador para o tractor; neste ano 2018 mercaremos un camión con grúa”, conta. Desta forma, o Concello de Vilamartín aprendeu a valerse cos medios ao alcance para facer moitos traballos, limpezas, desbroces, colocación de decoración e luces festivas, etc., “sen necesidade de contratar estes pequenos servizos a unha empresa externa cada vez que os necesitamos”.

Portela terá nova rúa principal no 2018