O Concello de Vilamartín realizou obras de saneamento en varios pobos
Unha das obras consistía nunha reclamación da veciñanza dende fai anos
Dende o Concello de Vilamartín veñen facendo nos últimos días unha serie de obras para eliminar as zonas de fibrocemento en diversos pobos do municipio como en San Miguel de Outeiro.
Nesta última localidade colocaron preto de 200 metros de tuberías de polietileno, estas vías van dende a captación de auga da vila ata o depósito.
Anteriormente era o fibrocemento o material empregado, considerado como inorgánico e que ademáis contén partículas de amianto. No 2019 fíxose unha primeira obra dende o depósito ata o pobo, malia esto o alcalde Enrique Álvarez Barreiro confirma que buscarán subvencións para acometer unha terceira fase neste núcleo de poboación.
Tamén buscaran erradicar este material en Vilamartín xa que o rexedor confirmou que aínda quedan tramos deste material na vila e en diferentes puntos do concello.
Por outra banda tamén veñen de solucionar unha das demandas da veciñanza nos últimos anos na capital municipal. Tras 8 anos eliminaron unha das tuberías que baixaban dende o depósito de auga ata o Río Leira, e que cando saían augas sobrantes estas dispersábanse polas cunetas causando alagamentos e corrementos de terra, por elo construiron un novo regueiro de cemento de 100 metros.