O albergue de Vilamartín, listo para abrir as súas portas

A semana que ven, e se a Concellería de Turismo da o seu visto bo, será o momento no que o albergue de Vilamartín abra as súas portas aos peregrinos que siguen a ruta do Camiño de Inverno para chegar a Santiago de Compostela. «Os traballos de obra están prácticamente feitos, queda colocar algúns electrodomésticos, lavadora, secadora e unha nevera» explicou o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro. Agora tan só quedan labores de limpeza e acondicionamento, «ademáis do papeleo que o técnico do concello está a ultimar para enviar á Consellería».

Contará o novo albergue con 44 prazas que ofertar, das 50 cas que contaba anteriormente antes da reforma plantexada por Turismo, que inclúe «un baño para minusválidos e a adaptación duncha habitación para enseres e outras cousas». En términos xerais, conta Barreiro que «houbo que cambiar os suelos da entrada, alicatar todos os baños e duchas, habilitar unha zona para cociña, para tamén para sala de estar», ademáis de pintar toda a estancia e «aislar o perímetro exterior, cambiar a cuberta, adaptar conexións eléctricas, etc.».

O albergue será xestionado polo concello durante os cinco primeiros anos coa premisa de non obter beneficios pola súa xestión. «Así se estipula na subvención firmada co GDR, que puxo o 90% do orzamento total, uns 60.500 euros». Poderán disfrutar das súas instalacións non só os camiñantes a Santiago, senón tamén «todo aquel que o necesite, por iso o prezo mínimo será para cubrir gastos mínimos e para o sueldo da persoa que atenda as instalacións e aos visitantes», explicou o alcalde do municipio.

Para o rexidor vilamartinés «é unha mágoa que o albergue non estivese listo antes para atender á cantidade de peregrinos que pasaron pola comarca no verán», pero de igual forma chega a tempo para que o visitante «disfrute dun outono espectacular polos territorios de Valdeorras, O Bierzo, Ribeira Sacra... por onde pasa esta ruta».