sábado. 20.04.2024
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Os veciños do concello de Vilamartín non poden cumplir a lei que dicta que é obligatorio limpar de maleza as parcelas rústicas e urbanas para evitar incendios. A razón: moitos anos e poucos cartos. Así o relata o alcalde Rique Barreiro, que asegura que "os veciños dos pobos máis alonxados, son xente de setenta ou oitenta e pico anos que non se valen por eles mesmos para desbrozar as fincas que lles pertencen, nin tampouco teñen cartos dunha escasa pensión para pagar a quen lle poda facer o traballo". Incluso o problema vai máis lonxe, "tampouco ese terreo quéreo ninguén porque nin o concello pode asumilo nin outro veciño quere a finca que está alí arriba nun pobo onde case non vive ninguén".

O alcalde asegura que se atopan nunha situación moi complicada, "nós temos a obligación de transmitirlles aos veciños que é o que di a lei e cómo se teñen que facer as cousas. Algún vai facendo o que pode, pero é totalmente imposíbel que podamos facer que se cumpla a lei tal e como está o rural". É por eso que Barreiro insta á Administración competente que dispoña de cartos, "a invertir e dar unha solución ao problema para conservar os nosos montes e pobos".

Para facer as leis, que son necesarias, o primeiro e máis importante é "vir ao terreo e ver cuál é a realidade" para despois facer a lei adaptada a esa realidade. "Non vale cando chegan as seleccións encher a boca a dicir que hai que apoiar ao rural e en realidade non se fai absolutamente nada por él", insiste.

Non se olvida Barreiro da obligación persoal de cada un e a concienciación que tódolos veciños deben ter con este problema, superando as pelexas que podan ter uns con outros polo ben do pobo.

A limpeza de fincas no rural convírtese nun problema en Vilamartín