jueves. 28.03.2024
Incendio forestal en Córgomo (Vilamartín)
Incendio forestal en Córgomo (Vilamartín)

Nestes momentos levan ardidas ao redor  de 1 hectárea de masa forestal

O incendio forestal orixinouse nun cortafogos que están a desbrozar operarios debaixo da liña da rede eléctrica, no lugar de Córgomo.

Segundo relata o propio alcalde de Vilamartín de Valdeorras: «De momento avanza paseniño xa que remitiu o vento, pero aínda está na cabeza o último de San Vicente». «O lume está ós dous lados dun corta lume da rede eléctrica nunha zoa boscosa», explica. Polo momento cortaron o subministro eléctrico, é o que podo dicir», engade.

O lume que está en fase de extinción, comezou ás 13:38 horas no lugar de Santa Comba (Córgomo), na caída do monte cara O Mazo. Polo de agora, leva ardido 1 hectárea de masa forestal.

Están a traballar nestes intres dúas motobombas —a do Concello de Vilamartín e outra de medio Rural—, así como un helicóptero. En cuanto a efectivos humanos sinalar os 5 membros de Protección Civil de  Vilamartín, 4 axentes e 6 brigadas de Medio Rural.

Incendio forestal en Córgomo (Vilamartín)