A Festa das Covas xa ten cartel anunciador
A Festa das Covas xa ten cartel anunciador despois de que nesta semana reunírase a directiva da Asociación de Coveiros de Vilamartín para tratar, entre outros asuntos, a elección do cartel anunciador da Festa das Covas que, este ano chega a súa vixésimo primeira edición. A iniciativa xurdiu pasado o Entroido cando se xuntaron os coveiros e decidiron convocar este concurso para darlle o evento unha nova imaxe.
O cartel gañador deseñouno un mozo de Lalín, Miguel S.C., e foi elixido case que por unanimidade (cinco dos seis votos) entre as 10 propostas presentadas. Na elección participaron o presidente da asociación, Manuel Ferrer, o vicepresidente José Simón, o secretario José Luis Álvarez, o tesoureiro Vicente Ferrer y os dous vogais Manuela Prieto e Carlos Feás. Segundo comentou un membro do xurado, «foi elixido porque recolle a esencia e o espírito da Festa das Covas».
O premio consiste nunha noite de estancia no Hotel Paladium de Valdegodos e unha cea no Restaurante Calzada de Arcos. O agasallo poderá ser desfrutado polo gañador e mais por un acompañante, a partires do 15 de agosto. Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer a comarca e poñer en valor o turismo rural de calidade.
Agora falta engadir os datos ó cartel e levalo a imprenta. Recordamos que a XXI festa das Covas de Vilamartín celébrarase o vindeiro 5 de agosto. Participarán o redor de medio cento de adegas e covas, en cada adega poderase tomar viño e pinchos típicos coma empanada, queixo, bica, embutidos, etc. Ó remate será tempo para o baile por elo haberá nunha gran verbena.