«En Vilamartín chegáronse a por máis de 2 millóns de enxertos no ano»

A enxerta será protagonsitas nas Festas do San Xurxo de Vilamartín

A Festa da Enxerta será protagonistas o sábado 20 de abril ás 11:00 na praza Xosé Luís Núñez

 

Remontámonos aos anos 60 ou 70 en Vilamartín de Valdeorras, momento no que se desfrutaba da Festa da Enxerta. Despois de moitos anos, dende o Concello van conmemorar os enxertadores que foron tan importantes na zona. 

Para isto, Enrique Álvarez, alcalde do municipio; Sherezade Núñez, teniente alcalde; e Tito Rodríguez, membro da directiva da Asociación de Coveiros, acudiron o estudio de Radio Valdeorras Onda Cero para falar en profundidade de como será este día. 

Aprender das tradicións e saber a maneira na que evolucionaron é un dos principais motivos para facer este recoñecemento a unhas figuras tan importantes para este municipio, os enxertadores. De feito, durante a entrevista, Tito asegura que seu pai «chegou a ter 45.000 enxertos, o meu irmán tivo 90.000. Chegáronse a por en Vilamartín máis de 2 millóns de enxertos no ano».