Bautista lamenta que o PP non se pronuncie sobre a carretera de San Vicente
O deputado provincial do PSdeG-PSOE Miguel Bautista critica que o Partido Popular se negara a dar a súa posición ,no debate en Comisión, da Moción que propón unha partida orzamentaria para iniciar as obras na estrada da Deputación a San Vicente de Leira,en Vilamartín de Valdeorras.
O deputado socialista Bautista considera que o Partido Popular non é consciente da desesperanza dos veciños que levan máis de 20 anos coa estrada desfeita, sen posible comunicación ,cunha sinalización da Deputación que prohibe circular e sen que se teña feito ningunha planificación para ir actuando na mesma e que se poida crer que se vai facer algo para garantir a comunicación dos veciños.
Miguel Bautista manifesta que esta é a peor situación dunha estrada correspondente a rede viaria da Deputación e mentres se fan actuacións noutros moitos puntos aquí lévase anos e anos sen atender a reclamación da Corporación municipal e veciños.
O deputado de Valdeorras considera que cada mes o grupo de goberno trae numerosas propostas de modificacións de crédito para actuación moi discutibles e considera que debe priorizar a solución destes gravísimos problemas de puntos da rede viaria propia da Deputación e empezar xa a programar unha actuación definitiva e concreta.
Bautista considera que xa chegou o momento de presentar un plan de actuación crible,con dotación económica que permita empezar a contratar fases das obras que hai que acometer. Non é comprensible que a Deputación teña remanente de tesourería e non afronte as súas obrigas na rede de vías das que é titular e se manteña este problema sen resolver.
O deputado do grupo socialista considera que despois de presentar a Moción con cinco días de antelación a celebración da Comisión Informativa non é aceptable que o Partido Popular non teña opinión nin posición sobre o grave problema que trasladamos para estudo polo Pleno. Por elo demanda que ,nesta semana que queda ata a celebración da sesión plenaria, se reflexione e se busque un acordo que tranquilice ós veciños e se empecen a ver accións concretas.