viernes. 29.03.2024

Os pais do CEIP Xose Manuel Folla Respino de Vilamartín subliñan a calidade do colexio da vila

Este martes tras una reunión entre o director, pais e náis, máis o consello escolar do CEIP Xose Manuel Folla Respino de Vilamartín, anunciouse o peche dunha das aulas cas que contaba actualmente o centro. Entre os proxenitores dos alumnos preocupación ante o devenir dos acontecementos e o futuro dos seus cativos no colexio.

Do Barco a Vilamartín pola ensinanza

Pablo Rodríguez, que conta con 2 cativos escolarizados no centro, entre eles a única nova matrícula do vindeiro curso. «É unha pena, porque acábase cos colexios en pobos como Vilamartín, preocúpanos bastante».

El máis a súa muller mudáronse dende O Barco debido ás condicións que daba o vivir en Vilamartín e un colexio que consideran case de profesores particulares. Para Rodríguez que sexa unha escola unitaria non é o maior problema, senón a supresión dos mestres, xa que implica recortes na educación dos seus fillos.

«Déclinámonos por este colexio debido a calidade, e que sexan menos alumnos. Son case como clases particulares. De aquí saíron auténticas xoias de alumnos» salientou.

Priscila Núñez, destaca que non o ve con bos ollos, xa que estánlle quitando a educación aos nenos. Ademáis subliña a perda de Chema, director e profesor que leva toda a vida no colexio. «Podemos entender que nos fagan unitarios, pero que nos quiten a un de toda a vida para traernos a outro déixanos consternados», subliñou. Afirma que se ben, non sabe os motivos polos que non se matriculan todos os nenos do concello no centro, o ve como un atraso nunha loita que será ano a ano a partir de agora.

«Só queren pechar o colexio»

Lourdes Gómez explicou que a situación é triste, sentíndose abandonados. «Só queren pechar o colexio coas instalacións que temos, non é xusto. Por desgracia tense que ir Chema, que sempre estivo preocupado por todo» salientou.

Tamén perderán a profesora de inglés que acudía a diario. «Vemos que queren pechar o colexio e vamos a intentar evitalo ata o último momento. Eu e a miña familia estudamos alí» afirmando por último que hai veciños que prefiren levar aos cativos ata A Rúa ou O Barco.

Un centro con servizos para todos os cativos

Bea, outra das nais que ten a dous fillos no centro sinala, «a nos como pais danos pena que estea pasando isto, porque sabemos de sobra que en Vilamartín hai nenos suficientes para ter un colexio medianamente decente». Fai un chamamento aos pais subliñando que «coas instalacións que ten: comedor con cociña propia —nada de catering—, horto e servicio de autobúsé unha pena que leven ós nenos a outros centros doutros concellos tendo este no teu». Tamén lle pide ao concello que se fomente que os nenos vaian este centro do mesmo xeito que se fomenta a natalidade.

«Non o esperábamos»

Jose María Gómez, máis coñecido por todos como Chema, é actualmente o director do centro. A supresión da aula obligarálle a marchar dun colexio no que leva moitos anos.

A noticia sorprendeu na directiva do Folla Respino. «O alumnado foi baixando pero non contábamos cunha reducción de persoal e aulas tan rápida», comentou, a súa vez que comprende que hai máis nenos na vila, pero que por outras circunstancias deben ir a estudar fora do concello.

Por último espera e anima a matriculación nun colexio que aínda podería recuperar a aula perdida en caso de que aumenten os escolares.

«Declinánomos por este colexio pola súa calidade»