viernes. 19.04.2024

O pobo de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, está vendo estos días como os postes, soportes e luminarias das súas rúas están sendo cambiados por iluminación led para mellorar a eficiencia enerxética no consumo. Gracias a unha subvención solicitada polo concello “que xa pasa dos 40.000 euros, estanse cambiando máis de 140 luminarias de todo o pobo, tamén na zona de O Valsadal e as Gralleiras”, explica o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro.

Comprobado teñen que o cambio resulta beneficioso, así o explica Barreiro, “xa o fixemos en Correxais e O Mazo e está demostrado un aforro do 70%”. Según conta, “a factura de luz que pagamos agora pasa dos 130.000 euros, así que temos que aproveitar todas as posibilidades de reducila e así eses cartos aforrados poderánse dedicar a outras cousas”

Tras as acometidas nos pobos de Correxais, O Mazo e agora Córgomo, e vistos os excelentes resultados, o concello plantéxase solicitar “outra subvención para seguir cambiando as luminarias nos demáis pobos, seguindo con San Miguel ou Valencia do Sil para o ano que ven”.

Córgomo cambia as luminarias para unha maior eficiencia enerxética