Controlado o incendio de Valencia do Sil
31 de julio de 2017 (12:54 h.)
Ás 21,23 horas da pasada noite deuse por controlado o lume rexistrado no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de Valencia do Sil. Iniciouse o sábado ás 23,22 horas e segundo as últimas estimacións afectou unhas 46 hectáreas (6 delas de monte arborado e o resto de raso). No seu control levan traballado 1 técnico, 17 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 1 avión.