O concello apoiará economicamente o proxecto do veciño, Rafael López, para mellorar o tratamento contra o cancro

O xefe do servizo de Oncoloxía do CHUS (Hospital de Santiago)  e do grupo de Oncoloxía Médica  Traslacional (Oncomet) é o vilamartinés, Rafael López.  Este especialista, co seu grupo, puxo en marcha unha campaña pioneira para recaudar fondos e conseguir avanzar no desenvolvemento dunha técnica para loitar contra a enfermidade do cancro. Trátase da biopsia líquida, unha técnica experimental que permite saber en 24 horas e cunha análise de sangue o estado no que se atopa un tumor.

O seu grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago aspira a reunir medio millón de euros facendo un chamamento a toda a sociedade galega nunha campaña de financiamento colectivo (micromecenazgo ou crowfounding). Queren colocar a Galicia como referente nacional e europeo neste campo da investigación médica. De momento nun mes reuniron  uns 58.000 euros con 700 mecenas pero precisan máis apoio.

Vilamartín fará unha aportación económica

O Concello de Vilamartín está estudando que cantidade económica pode aportar para axudar a que este proxecto se poida poñer en marcha. Esta semana anunciarán con que cantidade axudarán e mentres tanto queren dar a coñecer o proxecto a todos os veciños e invitalos a colaborar co que poidan.

Cómo axudar?

Nesta campaña pódese colaborar enviando unha mensaxe SMS de teléfono coa palabra CANCRO ao número 28014 e así doarase 1,20 €. Co mesmo sistema de mensaxe tamén se pode aportar 6€ enviando a palabra CANCRO ao número 38014. Despois existe un número de conta bancaria para facer doazóns e tamén chamando ao teléfono 981 955 344. Tamén é importante a difusión desta campaña para conseguir chegar ao maior número de xente e intentar lograr o obxectivo.

Información sobre a Biopsia Líquida

O investigador, Rafael López, indica que a biopsia líquida vai ser un dos grandes avances médicos que vai permitir mellorar os tratamentos contra o cancro. A biopsia líquida defínea como varias técnicas aplicadas aos fluídos corporais e no sangue máis especificamente. Son técnicas novas coas que contaremos con información molecular do tumor sendo menos invasiva e máis precisa que a biopsia tradicional.

Tendes máis información  na web: www.oncomet.es