Chega a VI Guerra das Fontes a Vilamartín

Este vindeiro 3 de aogosto —un día antes da famosa ruta das covas —celébrase en Vilamantin a Guerra das Fontes. Nesta sexta edición, explícanos o organizador deste evento, Carlos Feás , haberá inchables— actividade coa que xa comezaron o ano pasado— coa colaboración da empresa Valdeocio.

O inicio desta tradición remóntase a hai seis anos. Pensouse a modo de previa á ruta das covas, unha actividade adicada aos mais cativos, aínda que coma ben nos afirma Carlos «é unha actividade para todos os públicos».

A Guerra comezou de forma espontánea, para afastar a calor e pasar un bo rato entre os veciños do municipio. Co paso do tempo, e vendo a pegada desta actividade, decidiron sofisticala. A día de hoxe utilízanse tanto as mangueiras da casa como as bombas do Concello e as mangueiras da moto bomba, todo coa fin de acabar enchoupados nun día de calor de agosto.

Este ano ademáis de auga, haberá escuma. Unha gran festa de escuma na praza do Concello para o divertimento de todos.