Unha camiñada a Correxais para brindar polo novo ano co val aos pés

Unha camiñada a Correxais para brindar polo novo ano co val aos pés
Máis de trinta persoas uníronse a esta camiñada e celebración anticipada da chegada do novo ano

Unha trintena de persoas do concello de Vilamartín realizaron un tramo da Ruta da Santa Compaña e da Vía Nova para celebrar cunhas horas de antelación a chegada do novo ano.

Grupo de participantes da camiñada a Correxais

O alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, tamén se uniu ao grupo de camiñantes para brindar no miradoiro de Valdeorras, desde a entrada ao pobo de Correxais, coa igrexa de San Pedro como testemuña.

Camiñando por Correxais, coa igrexa de San Pedro ao fondo

Unha maneira de dar visibilidade a un lugar que si ten impresionantes vistas polo día, non son menos pola noite.

Noite máxica e mar de nubes sobre a que se agocha o val