Aberto o prazo para o concurso de carteis da Festa das Covas de Vilamartín
A data límite de presentación dos traballos remata o 1 de xuño e a temática libre
Segundo informa a Asociación de Coveiros de Vilamartín a partir do sábado 8 de febreiro queda aberto o prazo de presentación de traballos para a cuarta edición do concurso de carteis da Festa das Covas.
«A temática será libre pero gustaríanos que se reflexara de algunha forma o mundo do viño, das covas ou da Festa das Covas», aclaran desde a asociación. Respecto a exclusividade do uso aseguran que: « Só se usará o cartel ganador, podendo os demais presentarse a outros concursos». O cartel que resulte vencedor empregarase para publicitar e difundir a presente edición da festa e segundo a organización, «O cartel ganador só se poderá usar na Festa das Covas de Vilamartín». O premio será fallado polos membros da directiva da Asociación de Coveiros.
O formato será libre e poderase presentar en medio físico ou dixital. «As fotografías debuxos, etc., que queirades presentar a concurso pódese entregar por calquera medio físico ou dixital a calquera membro da directiva. Se se presenta por medios dixitais lembrade que vos confirmemos a recepción», aseguran na nota .
A páxina de Facebook onde se pode informar é, Vilamartín FESTA DAS COVAS. Tamén se pode facer chegar os traballos a través do mail, feasferrer@gmail.com ou o Whatsapp 666763147.
O gañador ou gañadora será agasallado con dúas entradas para a XXIV Festa das Covas que se celebra o primeiro sábado de agosto, unha estancia no Hotel Paladium e unha cea para dúas persoas no Hotel Restaurante Calzada de Arcos.
Recordar que o gañador da pasada edición foi Alvaro Rodríguez Pérez «Purre» quen ademais deste concurso conqueriu o «Concurso de Fotografía Olladas de Igualdade» de A Rúae o da «Muller Traballadora» do Grove. Dous anos antesfoi o gañador do deseño do cartel das Festas de Verán da Rúa e da Bacofesta. Recentemente fíxose co do «Outono fotográfico» organizado polo centro comercial Pontevella e o organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras. ademáis dúas fotografías súas da Ponte de Rande viaxaron a Nova York.
Desde o colectivo invitan á participación e agradecen a colaboración por anticipado. «Gracias e lembrade que vos esperamos a todos na XXIV Festa das Covas».