A Xunta aproba a intervención no treito final de acceso a San Vicente de Leira
O proxecto de trazado e as expropiacións do acceso ao núcleo de San Vicente de Leira, en Vilamartín, foron hoxe aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia. Esta actuación, ven promovida pola Deputación de Ourense nun intento por garantir a estabilidade do treito final da estrada principal OU-0807, e manter a actividade industrial da única explotación mineira da zona.
Este xoves 26 de xullo, o Consello da Xunta dáballe o visto e prace definitivo ao proxecto de trazado do acceso ao núcleo de San Vicente. Aprobábanse o expediente correspondente aos trámites de información pública, e o informe das administración afectadas. A Xunta atendía finalmente a solicitude da Deputación Ourensá, que pretende garantir a estabilidade da estrada provincial, que presenta problemas de esvaramento no treito final de acceso ao núcleo do pobo, como consecuencia das característica xeotécnicas da zona.
A intervención prevista neste tramo final da carretera inclúe, ademáis do recheo parcial da valgada na que está asentada a explotación mineira, a recuperación ambiental da zona e a contención dos pés das ladeiras das montañas. O proxecto de trazado definitivo pola Xunta, foi xa sometido aos trámites de información pública e informe dos organismos afectados. Unha vez analizadas as alegacións e informes recibidos, o pasado día 23 de marzo, o Pleno da Corporación Provincial adoptou por unanimidade elevar o expediente ao Consello da Xunta a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
No proxecto construtivo que desenvolva o trazado aprobado, deberán terse en conta as observacións e condicións impostas nos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, así como na avaliación de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.