jueves. 28.03.2024

O Servizo Galego de Saúde ven de difundir un vídeo para concienciar a poboación de que a mellor maneira de combater ó coronavirus é quedando na casa.

O SERGAS —Servizo Galego de Saúde— acaba de por en marcha unha campaña de difusión para concienciar a poboación de que a mellor maneira de combater ó coronavirus é quedando na casa.

Profesionais da sanidade ourensá coma: Miguel Ángel Núñez, Medicina interna; Ana Pastor, Neurociruxía; Carmen Hernández, Hematoloxía; Conchi Alonso, Anestesista; Vero Cibeira, Atención Primaria; Pilar Garzón, Urxencias; Jesús García Mata, Oncoloxía; Cristina Margusino, Medicina de Familia; Gema Nóvoa, Pediatra; Conchita Bande, enfermeira xubilada e María Sande, Medicina Preventiva, prestaron a súa imaxe e a súa voz esta nova campaña de concienciación cidadá.

https://www.facebook.com/1563474013947110/posts/2288072251487279/?vh=e&d=n

Este é o

comunicado difundido a través das redes sociais do Sergas Ourense :

 «Fronte ao coronavius tod@s podemos colaborar.

Estamos a traballar intensamente, precisamos da túa axuda para seguilo facendo.

Queda na casa.

Axúdanos por

favor, non acudas ao Centro de Saúde por temas leves. Non satures as urxencias.

Deixa o 061 para pacientes graves e emerxencias.



Estamos a facer todo o posible para coidarvos, axúdanos, deixanos tempo para coidar dos que mais nos necesitan

Axúdanos, non te

contaxies, non contaxies. Queda na casa, pide consulta telefónica no teu centro

de saúde. Pensa nos mais débiles, pensa nos teus.

Os nenos e nenas

non están de vacacións, eles tamén poden colaborar quedando na casa, eles teñen

menos riscos pero poden ser fonte de contaxios. Queda con eles na casa, educa

en saúde, educa en solidariedade.

Ten sentidiño, limita os teus contactos sociais e segue os consellos das autoridades sanitarias»

¡Quédate na casa!