«Xa temos a programación das festas de Viana case rematada»
A poucas semanas da celebración das festas patronais de Viana, partido Socialista de Viana do Bolo, segundo explican nunha nota, pídenlle ao goberno municipal a «creación dunha comisión para a organización das festas patronais».
Con motivo desta solicitude, o alcalde do municipio, Andrés Montesinos, asegura que esta reunión «xa se mantivo coa xente que acudiu. Nós cumprimos co que se dixo no pleno». Así mesmo, explica «acudiron a maioría e non quixeron coller a comisión». A maiores, matiza que dende o equipo de goberno «xa temos case rematada a programación das celebracións».
Ademais, dende o grupo municipal socialista salientan que ignorar os acordos plenarios «unha constante deste goberno municipal, que de forma sistemática ignora e non executa os actos administrativos que o propio alcalde aproba». Dende o PSOE vianés fan fincapé en que as festas patronais deste mes de agosto van ser organizadas polo goberno municipal, asumindo os gastos das orquestras, os espectáculos, as datas e os lugares de celebración.