martes. 19.03.2024
Carretera San Agustín, Viana do Bolo
Carretera San Agustín, Viana do Bolo

O alcalde da localidade Abelardo Carballo subliña respecto ao amaño do vial, que esta situación é máis habitual do que parece

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo denuncia que o arranxo da estrada de San Agostiño polo presidente da Deputación de Ourense terá que agardar despois dun erro non corrixible nas normas de preparación de contrato para a execución da obra.

Os socialistas subliñan que por mor deste erro o proceso paralízase e deberá volver a saír a concurso a adxudicación das obras para que se presenten todas as empresas que o precisen.

A súa vez creen que o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, estea "máis pendente de gobernar con tránsfugas" que de "arranxar" os problemas da veciñanza e facer que se cumpran os pactos acadados para solucionar unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Viana do Bolo.

Dende a Agrupación Socialista de Viana do Bolo pídenlle ao goberno provincial do Partido Popular que se poña a traballar canto antes para buscar solucións no menor tempo posible no arranxo dun viario clave.

O rexedor da localidade, Abelardo Carballo, subliña que esto retrasará o inicio das obras durante 10 días. A súa vez, non dubida que da rabia esta situación pero que é máis normal do que parece. Carballo asegurou que na súa profesión, a de arquitecto técnico esto é habitual, sendo mellor que ocurra ahora que cando xa estén as máquinas a piques de comenzar o arranxo.

O PSdeG-PSOE de Viana denuncia o atraso do arranxo do vial a San Agostiño