Xabier Díaz: «Invadimos onde tocamos con amor e con pandeiros»
O concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre é o prato forte da programación do verán cultural de A Pobra de Trives. A noite do venres día 17 de agosto ás 22:oo horas, o Patio de Santa Leonor encherase de xente ávida por escoitar un concerto «emotivo», tal e como conta o cantautor Xabier Díaz.«A nosa formación está composta por dous triveses, Javier e Gutier Álvarez, por iso vai a ser un concerto especial» explicou.
Identificada a súa actuación coma «unha proposta de música tradicional, popular, arraxada por nós dunha maneira peculiar», que levan traballando xuntos xa tres anos, conta Díaz que os directos son o seu punto forte porque «invadimos, o lugar onde tocamos, con amor e con pandeiros».
Tras dous anos de xira por moitos países de Europa, despois de «estar no top 10 durante moitos meses» e «vender varios miles de copias do disco», este ano sacaron novo disco, moi aceptado, co que continuaron as viaxes. Esta noite estarán en Trives para amosar o traballo que levan feito e do que poden estar orgullosos.
Se queres escoitar a conversa completa que mantivemos con Xabier Díaz, fai click no seguinte enlace: