Trives presenta o seu primeiro boletín trimestral sobre saúde feminina

O Centro de Información á Muller de Trives ven de sacar á rúa o seu primeiro boletín trimestral Muller e Saúde no concello. Dende a coordinación desta publicación trimestral que ve a luz por primeira vez, explican que a súa finalidade principal é a de «servir como canle para achegar, divulgar e debater sobre a nosa saúde, tratando de poñela en valor», esperando que se sexa de utilidade a toda a veciñanza.

Desexan, dende o CIM que «os artigos que aparecen permitan non só mellorar a calidade de vida de todas, senón tamén que resulten amenos e interesantes, facéndonos pasar un bo intre de lectura e diversión».

Si deseas consultar el boletín, puedes hacerlo haciendo click en el siguiente enlace:

Concello da Pobra de Trives - CIM - Revista Muller e Saúde-nº1