Trives pechou a conmemoración das Letras Galegas cos máis pequenos
As obras de Carlos Casares foron as protagonistas no programa do Día das Letras Galegas en A Pobra de Trives. A Xinkana "A Galiña Azul", daba comenzo co contacontos da galiña azul de Carlos Casares. Preto de 100 persoas entre pequenos e non tan pequenos déronlle vida, o venres, vida á Praza do Pilón cunha xornada chea de actividades e movemento para os cativo que comenzaba ás 4:30 da tarde.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/05/somoscomarca_trives_niños_diadasletras.jpg"]
Manualidades na praza para os máis pequechiños e xa para os máis grandes as probas eran de maior dificultade, rapidez e habilidade; debían percorrer o pobo en busca de probas, todas elas relacionadas coa obra infantil de Carlos Casares.
Unha tarde que remataba cun mural feito polos pequeniños dun fermoso collage dunha galiña azul. Por outro lado, os grandes debían facer un pequeno teatro para o público que alí había sobre "O can Rin e o lobo Crispín". E xa cando o sol se ía escondendo e co sorriso de todos os nenos nas súas caras, unha pequena merendiña foi o broche deste fin dos festexos das Festas das Letras.