Trives entre os cinco concellos con maior taxa de doazóns de sangue en Galicia
Esta mañá nun acto celebrado en Santiago de Compostela , o alcalde de A Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, recolleu o recoñecemento da Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue (ados) ao Concello de A Pobra de Trives, por estar entre os cinco concellos máis solidarios de Galicia en número de doazóns de sangue.
A Organización Mundial da Saúde recomenda unhas 40 doazóns por cada 1000 habitantes no ano; Galicia conta con 41 doazóns por cada 1000 habitantes ao ano. A Pobra de Trives supera estas cifras acadando 61 doazóns por cada 1000 habitantes por ano.
“...parabens a toda a veciñanza de Trives por este galardón...por ser un dos concellos galegos con maior taxa de doazóns por cada mil habitantes...”; Francisco José deu as súas felicitacións á veciñanza de Trives por ese recoñecemento recibido no Día Mundial do Doador de Sangue.
Video: Facebook Concello A Pobra de Trives