viernes. 29.03.2024

Os contactos do positivo deberán gardar corentena ante o risco de que sexan positivos pero aínda non desenrolasen a enfermidade

O Concello de A Pobra de Trives ven de confirmar que as probas PCR realizadas ata o de agora deron todas negativas, se ben aínda non contan con todos os resultados que confirmarán en canto sexa posible.

Esta situación ven dada tras o positivo dun residente na localidade a pasada fin de semana. Debido ao risco de que os negativos poidan positivizar nos vindeiros días deberán guardar cuarentena ata que as autoridades médicas o indiquen.

Así mesmo os médicos comunicaron ao concello o levantamento da recomendación de peche de negocios non esenciais, polo que dende mañá poderán, segundo as recomendacións médicas, volver á nova normalidade co cumprimento de todas as medidas preventivas.

A esta situación chegouse tras a información confusa que o paciente de Covid -confirmado o pasado venres- deu aos rastrexadores do Sergas, polo que se considerou que podería haber un brote incontrolado de Coronavirus na vila.

Trives levanta a recomendación do peche de comercios non esenciais