Trives fará entrega dos premios «Bica de Ouro» á mellor exaltación do producto
Trives fará entrega dos premios Bica de Ouro, otorgados polo Concello, como recoñecemento a todas aquelas persoas ou entidades pola súa contribución á divulgación e promoción en sectores económico, cultural, deportivo, turístico y patrimonial. E será na data ineludible de exaltación do producto típico por excelencia de A Pobra de Trives que é a Festa da Bica, que este ano chega á súa 45 edición. O vindeiro sábado día 28 de xullo, a partires das 12:00 horas, un mercado de artesanía da A.C.Tarabelada e diversos artesáns e productores da comarca, darán inicio a unha xornada cargada de festexos. O Concello disporá un stand con bicas de todos os elaboradores, e estará en funcionamente ao longo do día para que todo o público poida degustalas e mercalas.
Chegadas ás 12:30 horas, dará comezo o desfile de bandas de gaitas polas rúas de Trives partindo dende a Praza do Concello. En dito desfile participarán varias bandas de gaitas amenizando a xornada, para rematar o percorrido na Praza de Abastos.
Ás 13:30 horas será o momento do pregón cuxa lectura levarase a cabo na mesma Praza de Abastos de mans dun veciño da vila, o historiador e director do IES Xermán Ancochea de Trives, Francisco García Sánchez. O xantar terá lugar acto seguido e nun lugar non moi alonxado, será ao redor das 14:00 horas na Rúa San Martín, ao carón da Praza de Abastos. O menú componse de empanada, pulpo á feira, carne ao caldeiro, viño, licor café e, por suposto, Bica de Trives.
A Banda de Gaitas Os Trintas de Trives e a Charanga Nova Terras de Trives amenizarán este xantar popular.
Las entradas para asistir a esta cita gastronómica estarán a venda en diferentes puntos de Trives: na Oficina de Turismo, Cafetería Sky, Cafetería Troula, Cafetería San Martín, Cafetería Cafeto e Cafetería e teñen un prezo de 10€ para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 10 anos, e pagarán 18€ dende os 11 anos en adiante.
O domingo día 29 de xullo, o Concello da Pobra de Trives tamén estará presente no IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que se celebrará na Estación de Montaña de Manzaneda. Alí se instalará un stand con degustación e venda de bica, «en representación de todos os que a elaboran en Trives», explican dende o Concello.