O SERGAS xustifica a reordenación estival da pediatría na carencia de especialistas
O Servizo Galego de Saúde, SERGAS, ven de explicar a reordenación temporal dos servizos da atención pediátrica, a cal responde «á imposibilidade de dispoñer de especialistas con que sustituir aos pediatras titulares durante as vacacións ou ausencias». Con esta reordenación, trata o SERGAS de garantir «o acceso á atención pediátrica básica do conxunto da poboación infantil da provincia».
Destacan dende o SERGAS que para Terras de Trives e Calderas, o servizo de referencia é sempre a atención pediátrica de Maceda, dende ondea ao longo do ano desprázase un dos dous pediatras aos Centros de Saúde de Trives e de Castro Caldelas. Alí atende a 186 nenos da comarca de Trives e a 102 de Caldelas, e en caso de necesidade sempre poden acudir a Maceda.
A este centro poderán seguir asistindo aos nenos que se acheguen e a maiores, anuncia o Servicio Galego de Saúde, se lles ofrece «a posibilidade de ir á consulta de pediatría de A Rúa, tendo en conta a proximidade dalgunhas parroquias, poidendo ir a calquera dos dous».
O SERGAS defende a reordenación porque «responde á actual carencia de pediatras, tanto en Galicia como no resto do país, polo que conta co consenso por parte das principais sociedades médicas do sector, que avalían esta estratexia organizativa do Servizo Galego de Saúde».
Finalmente, explican que «calquer urxencia básica, de atención primaria, en caso de patoloxía banal como arrefriado ou tos, pode ser perfectamente atendida nos Puntos de Atención Continuada, como ven sendo habitual, durante todo o ano», xa que contan con especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, profesionais formados e acreditados a tal fin e que, en caso de ser preciso, os derivaran as urxencias de pediatría do hospital referencia provincial, o de Ourense.