San Xoán de Río xa brindou polo novo ano
31 de diciembre de 2023 (18:18 h.)
Badaladas de fin de ano adiantadas en San Xoán de Río, 12 lacasitos para cada persoa e espumoso galego para os adultos e champín para os nenos.
Unha ducia de lacasitos e espumoso galego con e sen alcol ao son das doce badaladas da igrexa.
A veciñanza de San Xoán de Río adiantou o fin de ano doce horas e celebrouno ás 12.00 horas de deste 3 de decembro.
Os veciños tomaron un lacasito por cada badalada que saíu da igrexa de San Xóan e logo brindaron con espumoso. O dos máis pequenos sen alcol.