San Xoán de Río aposta polo Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas

San Xoán de Río aposta polo Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas
O Concello de San Xoán de Río recibiu a visita de tres expertas para converter os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en oportunidades reais de mellora económica, social e ambiental

O Concello de San Xoán de Río recibiu a visita de tres expertas — Eva Castro, Gemma Castiñeira e Ana Botas— encargadas en converter os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas en oportunidades reais de mellora económica, social e ambiental. As mulleres tamen visitaron a súa área de influencia. 

Eva Castro, socióloga e traballadora social, ocuparase da Dirección de Proxectos e Operacións. É Vicepresidenta da Red Internacional de Promotores ODS España e especializada en dirección e xestión de proyectos de impacto social positivo - PMP®. Conta con amplia experiencia nas áreas de emprego, formación e innovación educativa, ademais de ser axente de igualdae e secretaria da plataforma divulgativa “La Ciencia es femenino”.

A Periodista especializada na Sostenibilidade e Innovación Social, Gemma Castiñeira, será a encagada da Planificación Estratéxica e Comunicación. Conta con unha larga traxectoria en comunicación corporativa de organizacións empresariais, institucións públicas e terceiro sector, facilitando a conexión cos públicos de interese e a consolidación dos proxectos mediante a transparencia e a responsabilidade social.

Por último, a empresaria, Ana Botas, será a encargada das Alianzas e Desenrolo de Negocio. Tras dúas décadas dirixindo organizacións de enxeñería e do sector contract, asesora do texido económico galego en proxectos de sostenibilidade, economía de impacto e implantación de medidas Well para o benestar nos espazos de traballo. Ademais, forma parte da xunta directiva do Nordés Club Empresarial.