San Xoán de Río arrinca a súa programación de verán cun concerto
O Auditorio Xulio Vázquez da Pobra de Trives encheuse este sábado para desfrutar do concerto "Sons da Emigración" organizado en colaboración con Concello de San Xoán de Río.
Esta primeira actividade enmarcase no programa para celebrar este mes de agosto no municipio.
A programación de agosto de San Xoán de Río arrinca en Trives
Con agosto comezan tamén as programacións estivais de moitos concellos que agardan por este mes para o groso das súas citas. Un deles é San Xoán de Río, que ten planificadas sete xornadas de actividades durante os vindeiros 30 días. A primeira delas será mañá sábado día 3 ás 20:00 horas.
O Auditorio Xulio Vázquez da Pobra de Trives acollerá o concerto "Sons da emigración" con tres músicos sobre o escenario: Octavio Vázquez ao piano; Angelika Muchitsch, soprano; e Ludwig Dürichen, ao violín.
O resto do programa está conformado por citas gastronómicas, musicais, cinematográficas, deportivas e tamén de comedia, co monólogo de Alberto Montes, "Patrón".