sábado. 20.04.2024

Os alcaldes de Manzaneda, Vilariño de Conso, O Bolo e A Teixeira denuncian a reducción de días hábiles para facer as xestións nas súas vilas

Os alcaldes de Manzaneda, Vilariño de Conso, O Bolo e A Teixeira veñen de anunciar a súa disconformidade nun comunicado debido a reducción de días de servizo da entidade bancaria Abanca, que ten oficinas nos 4 concellos.

No escrito todolos rexedores destacan que son vilas pequenas, con poboación envellecida e que ademáis non teñen acceso ou coñecemento das novas tecnoloxías como poden ser as aplicacións bancarias.

Por elo entenden que a reducción de días hábiles para facer as xestións nas súas oficinas conleva a retirada definitiva ou a reducción de servizos contribuíndo ao illamento das zonas e a aumentar desigualdades co resto de concellos da contorna. «Ademais do alto custo económico que vai ter para os usuarios que teñan que desprazarse a outros concellos para poder facer os trámites que necesiten na súa entidade bancaria, cando a maioría da nosa poboación ten poucos recursos económicos».

Así mesmo os 4 alcaldes afirman que a utilización dunha emerxencia sanitaria para tomar esta decisións vai en contra da seguridade dos seus propios usuarios: «Corren un maior risco debido ás aglomeracións que se producen nas entradas dos establecementos pola redución do servizo».

Por último no escrito manifestan que está «mal pagada» a fidelidade dos clientes despois de anos de fidelidade.

Foto cedida.

Preocupación nos concellos do rural pola reducción de servizos bancarios