O PSdG-PSOE reclamará a Deputación a readmisión dos concellos en MEISA

Actualmente Manzaneda e Pobra de Trives non forman parte do consello de administración da estación de montaña

O PSdG-PSOE levará ao pleno da Deputación de Ourense de este venres unha moción relativa a xestión da Estación de Montaña de Manzaneda (MEISA).

Entre as reivindicacións que piden dende o grupo socialista está a readmisión dos alcaldes dos concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives dentro do consello de administración da entidade, xa que se ben a súa participación en canto as accións son mínimas, un 0,14%, os rexedores coñecen de primeira man as necesidades da zona.

Aurentino Alonso, edil do PSdG-PSOE afirmou que nestes intres están nun momento trascendental na xestión de MEISA, xa que a pesar de que no mes de maio iniciouse o concurso para seleccionar a unha empresa que xestionase a estación, actualmente non hai ningunha seleciconada pese a presentarse dúas empresas.

A primeira, con sede no Principado de Andorra, quedou excluída por erros na presentación da documentación, e a outra unha empresa francesa, tamén quedou posteriormente eliminada do proceso. O contrato de OCA Hotels, actual xestora, rematará o vindeiro 31 de decembro tras unha sentencia xudicial presentada pola Xunta de Galicia -socio maioritario xunto a Deputación- tras ser prorrogado o vínculo en anteriores ocasións.

Alonso, non dubida que a estación é un motor económico para toda a zona, subliñando que e unha instalación de ocio única en Galicia, se ben tamén recoñece as fortes inversións nos últimos anos, reclama para que haxa viabilidade un plan director que sirva de guía para o futuro de MEISA.

Ponte da Cea

O pasado mes de decembro os temporais leváronse por diante a ponte que une Manzaneda con Vilariño de Conso, o edil socialista decidiu preguntar polo estado das obras no anterior pleno do mes de setembro, recibindo como resposta que ata o 2021 non se amañará, algo que Alonso ve incomprensible debido a importancia a hora de comunicar ambos concellos con outras localidades como A Gudiña. Esta vila é un núcleo importante da Alta Velocidade por ferrocarril tras a inauguración fai uns días do tramo do AVE entre Pedralba e Zamora.

Se desexa escoitar todo o que salientou o edil provincial Aurentino Alonso, pode facelo na seguinte ligazón: