Unha churrascada e a música reuniu no pavillón de San Xoán de Río a máis de 200 persoas con ganas de festa e diversión
A tarde desapracible non invitaba a saír, auga e frío no día máis grande do ano, pero as ganas de festa son moitas. Despois de dous anos sen catalas, houbo que alargarlle a mesa e dos 150 comensais previstos pasáronse a case 200, e é que «Río Mola».
O alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o da Teixeira e deputado provincial, Miguel Cid e o de Río, Xose Miguel Pérez, durante a cea
Pasadas as nove e media da noite e despois de darlle un pouco de vida ao corpo coa charanga TDB da Pobra de Trives, os comensais foron sentando para dar conta dunha churrascada na quen non faltou a panceta, os criollos e a carne de tenreira, antes empanada do forno local e para rematar bica, ben rica.
Os membros da asociación Río Mola encargáronse de reparir as viandas
A partir das doce o pavillón encheuse con mozos e, non tan mozos, que viñeron a pasalo ben co grupo Skalopndras o DJ Sedinno e o DJ You.
Os que fixeron o churrasco agradeceron o tempo máis que fresco que houbo
Hoxe segue a festa en Río, ás 13.30 horas misa e procesión do Corpus, festa de tarde co grupo Tattoo e a partires das 00.30 horas actuación da gran Pili Pampín. Logo a verbena seguirá co grupo Tattoo.