O Folión Os Labregos celebrou vinte anos de tradición ó ritmo dos bombos

Un total de 13 agrupacións participaron no desfile de folións e boteiros percorrendo as rúas da Pobra de Trvies

Trives acolleo este domingo, 23 de febreiro, o XX  Encontro de Folións, organizado polo Folión Os Labregos. Este evento comenzou cun "Sábado Labrego", con disfraces, música e moito Entroido.

A partir das 16.00 horas, comenzou o desfile, que contou coa participación de 13 agrupacións  enchendo as rúas da Vila de sonoridade. Os Labregos abriron o evento, seguidos por o Folión de Chandrexa, Folión O Fiadeiro, Folión Os Arreiros de Petín, Folión de A Veiga, Lardeira,  A Caniceira, Folión Carracedo da Serra, Folión de Manzaneda, Folión de Buxán, Folión de Fradelo, e pechou a celebración a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso.

O percorrido deste ano foi máis longo que en edicións anteriores. Os folións partiron dende a Finca da Barreira e percorreron as rúas de Trives ata chegar á zona vella, a Praza do Reloxo,  para rematar  na Praza do Concello, onde todos os participantes disfrutaron dun pequeno refrixerio

O Encontro de Folións é un evento que reflicte unha gran riqueza interxeracional, xa que conta coa participación de persoas de todas as idades, desde nenos ata adultos e, ademais axudan a reunir a moitas persoas que,  o resto do ano, nin se ven.