Xa quentan motores no Folión Os Labregos

Falamos con Iván Justo, presidente da asociación

Rematamos o Nadal e xa se comenza a sentir o espírito do Entroido. Desde o Folión dos Labregos invitan a asisir o XIX Desfile de Folións na Pobra de Trives. Será o 4 de febreiro, ás 15.30 horas. «Este é o domingo corredoiro que cadra a semana antes do domingo Gordo», di Iván Justo, presidente do Folión. 

«Facer un desfile destas características require moito tempo e moita planificación», asegura Justo. De feito, é o seu primeiro desfile neste novo posto, xa que a directiva cambiou, aínda que asegura que: «Somos xente nova que ten moita ilusión por sacar isto adiante».

Nesta nova edición o que se pretendeu e darlle moita identidade tamén no cartel. «Atópase os dous boteiros sobre o Río Bibei que é o que nos dá esa braveza. E, tamén está a Ponte do Bibei quen é a encargada de darlle a benvida a todo o mundo que veña o Concello de Trives», explica Justo. 

Este ano poderase gozar do Folión de Sobrado de Trives, entón, haberá un total hai 14 asistentes. As diferentes «veñen do macizo central ourensán, que é onde se conserva esta tradición», recorda o presidente dos Labregos.

Recorrido do desfile

Sairase da Finca da Barreira. Farase polas rúas de Trives, cunha primeira parada na Praza do Pilón, que representa o pasado nobre da vila. 

Despois comenzará o recorrido polas rúas do casco antigo, para chegar a Praza do Reloxo. «Este é outro sitio moi emblemático da Proba de Trives, que representa ese reloxo que durante tantos séculos que viron os triveses e os veciños que nos visitan», recorda o presidente. 

¿Como se vive este desfile dende o Folión dos Labregos?

«Vivímolo con moita ilusión. A verdade e que a xente que toca nun folión, cando chega o mércores de cinzas xa estamos contando os días que faltan para o entroido do ano seguinte», conta con ilusión Iván Justo. 

«Sempre o vivín con moita paixón, estas cousas teñen que saír, se non che gusta, non che gusta», explica desde a propia experiencia o presidente. Pero esta ilusión non se centra só na súa zona, tamén vai encantado a todos os sitios alí onde os invitan a tocar. «Levamos visitando moitas aldeas co paso do tempo vas facendo amizades que van máis alá do entroido», di Iván Justo. 

Falta pouco para comezar a soar 

«A tradición manda que antes do San Antón non se debe comezar a tocar, entón aínda que esteamos case nese día, hai que conservar e agardar», asegura Justo.